Mos presenta a oferta de actividades deportivas de cara ó curso 2013-2014

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os interesados en participar xa poden inscribirse acudindo ó Pavillón Óscar Pereiro

 

As concellerías mosenses de Deportes, Participación Cidadá e Benestar Social que dirixen os edís Isidoro Táboas, Kely Monzón e Sara Cebreiro, respectivamente, organizan conxuntamente actividades deportivas dirixidas a todo tipo de públicos, dende mozos e mozas a partir de 16 anos de idade, ata xubilados e/ou pensionistas.

 

As actividades ofertadas, para as cales xa está aberto o prazo de inscrición, son Pilates, aerobic, Kunfú, Tai Chi, ximnasia de mantemento, Zumba, hipopresivos e bailes de salón. Todas elas levaranse a cabo en diferentes horarios, -algunhas de mañá, outras de tarde, e outras con sesións de mañá e tarde- nas instalacións do Pavillón Óscar Pereiro, agás as clases de bailes de salón que serán impartidas no centro Multiusos das Pozas.

 

As actividades especialmente orientadas á mocidade, sempre de 16 anos de idade en diante, son o Zumba e os hipopresivos; mentres que as clases dirixidas a xubilados e/ou pensionistas son as de ximnasia de mantemento que se desenvolven en horario de mañá, concretamente martes e xoves de 10.30 horas a 11.30 horas e mércores e venres de 10.30 horas a 11.30 horas.

 

Os cursos darán comezo o vindeiro mes de outubro e terán unha duración de 8 meses, rematando en maio de 2014. Os prezos mensuais das actividades oscilan entre os 7 e os 20 euros.

 

Os interesados en formalizar a súa inscrición nalgunha delas para empezar xa en outubro as clases do curso elixido, deberán acudir a apuntarse ó Pavillón Óscar Pereiro en horario de 08.00 horas a 21.00 horas.

 

Sobre estas actividades, que hoxe foron presentadas oficialmente no pavillón municipal polos tres edís responsables, estes declararon que “son moi importantes para manter uns hábitos vitais saudables e garantir a calidade de vida en tódalas idades dos veciños e veciñas do Concello de Mos”.