Mos presenta a programación deste timestre para os centros educativos dentro do horario lectivo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

As actividades a ofertar son a presentación do Plan de Autoprotección en Emerxencias, Cine Solidario, ‘Coñece Minergal e as canteiras de Atios’, ‘Conducir non é un xogo’, a exposición didáctica ‘Conservando a Natureza’, e ‘Vimos por Nadal’

 

Kely Monzón, concelleira de Educación e Participación Cidadá, informou hoxe da programación para centros educativos dentro do horario lectivo, no primeiro trimestre do curso escolar 2012-2013.

 

Os beneficiarios desta programación que se desenvolverá durante os meses de outubro, novembro e decembro, son os centros educativos de Educación Primaria e Secundaria, tanto públicos coma concertados do Concello de Mos, tales como o CEIP de Atín, o CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, o CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, o CEIP Pena de Francia, o CEIP de Petelos, o IES de Mos; e o centro concertado Colexio Lar.

 

Os obxectivos desta iniciativa, segundo explicaba esta mañá a edil responsable da mesma, son “completar a oferta educativa dos centros do noso municipio, sensibilizar ao alumnado sobre as problemáticas do noso entorno, conciliar a vida laboral e familiar, fomentar bos hábitos de seguridade vial e de emerxencia, fomentar un desenvolvemento óptimo cidadá, fomentar a lectura, coñecer os espazos de uso público, promover valores de tolerancia, respeto, comprensión, etc., coñecer os recursos naturais do noso entorno, e promover o coñecemento musical”.

 

As actividades concretas que se realizarán neste primeiro trimestre de curso serán a presentación do Plan de Autoprotección en Emerxencias, Cine Solidario, ‘Coñece Minergal e as canteiras de Atios’, ‘Conducir non é un xogo’, a exposición didáctica ‘Conservando a Natureza’, e ‘Vimos por Nadal’.

 

A presentación  do Plan de  Autoprotección en Emerxencias consiste nun proxecto para a implementación do protocolo de emerxencias nos centros educativos do Concello de Mos. Desenvolverase diferenciados: primeiro revisión, actualización, ou realización particular dos protocolos de actuación en emerxencias de cada un dos centros escolares; segundo formación teórica de actuación en emerxencias do alumnado e persoal dos centros educativos; terceiro formación práctica, realización do simulacro de emerxencia en cada centro; e cuarto homologación dos protocolos pola Xunta de Galicia.

 

Cine Solidario é unha actividade dirixida ó alumnado de Educación Primaria, forma parte do programa “Educación para o desenvolvemento” que propón o Fondo Galego de Cooperación. Trátase de visionar un filme que contén un transfondo que permite a reflexión sobre diferentes aspectos relacionados coa solidariedade que se abordarían nun posterior coloquio dirixido por unha persoa con experiencia no ámbito da cooperación. As películas adecuadas a visionar polo alumnado beneficiario son Azur e Asmar, Kirikú e as bestas salvaxes, James e o melocotón xigante e Happy Feet.

 

‘Coñece Minergal e as Canteiras de Atios’ consiste nunha actividade na que o alumnado de 5º de Educación Primaria achégase ó Museo dos Minerais de Galicia,  onde a través dunha visita guiada polos técnicos da Fundación Tecnolóxica do Granito, poden visionar a riqueza mineral que nos rodea, e a importancia do granito na nosa área, a súa obtención e tratamento. Completarase a xornada coa visita de campo a unha cantera de Atios.

 

‘Conducir non é un xogo’ é un proxecto dirixido á promoción da circulación responsable entre o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. A actividade consta de dous momentos diferenciados: primeiro unha sesión de formación conxunta onde se abordarán os seguintes contidos coma seguridade vial e prevención de accidentes, normativa obligatoria, seguridad enfocada ao peatón, seguridade enfocada ao ciclista e ó conductor de ciclomotor; e despois unha sesión práctica de realización, por aulas, dun circuito ciclista para poñer en práctica o aprendido na sesión de formación.

 

O Multiusos das Pozas acollerá a exposición didáctica itinerante ‘Galicia conservando a Natureza’ promovida conxuntamente entre a consellería de Medio Ambiente e a Obra Social la Caixa. Dita mostra presenta a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos para concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e as súas especies. Do 26 ó 30 de novembro, os escolares de Educación Primaria, ESO, e Bacharelato poderán realizar visitas guiadas  polas mañás. Tamén permanecerá aberta polas tardes para o público en xeral.

 

Por último, ‘Vimos por Nadal’ é un novedoso programa educativo no que a concellaría de Educación promove visitas escolares ás empresas do noso entorno. Cada centro educativo, en datas escolares, en época de Nadal, realizará unha visita didáctica a unha empresa de relevante interese para ó alumnado. Os participantes nesta actividade deixarán en pago unha felicitación navideña en forma de Christmas, panxoliña ou agasallo feito polos escolares como agradecemento á empresa anfitriona. Promover o coñecemento da actividade empresarial da nosa área así como achegar a escola ás empresas é o obxectivo deste programa.