Mos presenta unha Campaña para concienciar á comunidade educativa sobre os atragantamentos e como evitalos

Escrito por admin. Posteado en Actualidade

 

O concello adquirirá os dispositivo antiatragantamento para dótalo as tres escolas infantis e os cinco centros de educación primaria municipais.

Hoxe na escola infantil A Galiña Azul da Veigadaña , o Dr. Felipe Durán Romero, acompañado da Alcaldesa de Mos , Nidia Mª Arévalo, e as concelleiras de Servizos Sociais e Educación, Sara Cebreiro e Julia Loureiro presentouse a Campaña para concienciar á poboación e a comunidade educativa sobre todo , da importancia dos atragantamentos, así como actuar ante eles e mostraron o dispositivo como arma para evitalo . O concello adquirirá dito dispositivo para dotar as tres escolas infantis e os cinco centros de educación primaria municipais, previa organización dunha xornada informativa dirixida ao personal que estes centros e as anpas designen para recibir a información precisa para a súa utilización