Mos presenta unha nova acción formativa tras un trimestre de bonanza en materia de emprego

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A localidade mosense rexistrou unha baixada permanente do paro durante os últimos tres meses

O concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, informou hoxe da apertura do prazo de inscrición para un curso de Intelixencia Emocional, Coaching e Dirección de Equipos e aproveitou para dar datos da progresión do índice de desemprego en Mos durante o último trimestre. Datos estes, optimistas en todo caso xa que se rexistrou unha baixada permanente do paro durante os últimos tres meses.

Neste sentido Soto declarou que “as cifras son altamente positivas, tratándose Mos da terceira localidade pontevedresa en índice de empresas asentadas no seu territorio, e á marxe da estacionalidade, estes datos comezan a reflectir polo menos a fin da destrucción de emprego, o que nos fai albergar esperanzas dende o Concello de que no vindeiro trimestre se logre, aínda que modestamente, o despegue definitivo”; explicou o edil. O equipo de goberno municipal quere destacar a este respecto que non se pode esquecer a dificultade engadida que para administración local supón o ter escasas competencias en materia de emprego, polo que resulta complicado poder xerar novos postos de traballo dende a mesma. Non obstante, dende o Concello trabállase intensamente na promoción e asentamento de novas empresas no Parque Empresarial Mos-Veigadaña, ou en calquera outro punto do municipio disposto a albergalas.

Cómpre salientar que nos últimos tres meses a porcentaxe de descenso do paro en Mos foi sempre superior ó 2,5%. O mes de maio descendeu o 2,53%; o de xuño o 2,79% e o salto cuantitativo deuse o pasado mes de xullo cando o descenso se incrementou ata unha porcentaxe do 7,42%. En total dende marzo de 2013 ata xullo deste mesmo ano o Concello mosense reduciu nunha cifra total de 141 o seu número de desempregados, pasando de 1900 parados mosenses no mes de marzo a 1759 o mes pasado.

Tabla coas taxas de paro e as súas variacións dende o mes de marzo, no que comezou a descender:

 

 

         VARIACIONES MENSUALES          
  Total hombres mujeres Variación totales Variación hombre Variación Mujer  

variación año anterior

 

Variación %

ene-13

1892

896

996

47

31

16

196

132

65

 

feb-13

1896

889

1007

4

-7

11

130

90

40

 

mar-13

1900

898

1002

4

9

-5

116

96

20

 

abr-13

1896

888

1008

-4

-10

6

102

92

10

0,21%

may-13

1852

842

1010

-44

-46

2

-2

19

-21

2,53%

jun-13

1847

854

993

-5

12

-17

99

59

40

2,79%

jul-13

1759

787

972

-88

-67

-21

11

-20

31

7,42%

 

Coaching

Este descenso prolongado no tempo do índice do paro en Mos ven motivado, entre outras cousas, pola mellor formación dos desempregados mosenses, gracias a cursos e outras accións formativas promovidas dende o Concello, que aumentan a súa empregabilidade e os axudan a voltar a introducirse novamente no mercado laboral. Trátase de accións formativas coma da que mañá se abre o prazo de inscrición. Respecto deste curso de Intelixencia Emocional, Coaching e Dirección de Equipos, explicar que o prazo de inscrición iníciase mañá 29 de agosto e rematará o 13 setembro. Para inscribirse, os interesados en participar poden facelo a través da páxina web do Concello de Mos (www.mos.es) ou persoalmente nas oficinas do CDL ou no Multiusos de Mos.

O curso celebrarase os días 20, 21 ,27 e 28 de setembro e 4 e 5 de outubro de 2013, os venres de 16:30 horas a 21:30 horas e os sábados de 9:30 horas a 14:30 horas no Centro de Desenvolvemento Local de Mos. O prezo por persoa do curso é de 170 euros e os interesados en obter máis información sobre o mesmo poden chamar ó teléfono 986 48 77 86.

Os contidos a abordar durante esta acción formativa son: coñecemento integral do equipo e liderazgo, Intelixencia Emocional e dirección de equipos, e Coaching de Equipos. Os obxectivos dos mesmos para os alumnos son: adquirir capacitación para liderar equipos eficaces e eficientes, basados en técnicas de Coaching e Intelixencia Emocional; capacitar ó alumno/a da formación adecuada para o desenrolo de habilidades emocionais directivas que potencien a todos os membros do grupo co máximo aproveitamento das cualidades de cada un; e ensinar ao alumno/s os diferentes tipos de liderazgo existentes e a aplicalos a sí mesmo incluso para modificar actitudes, “vicios”, que sexan negativos para o equipo que lidera, empregando sempre unha metolodoxía de aprendizaxe transformacional e experiencial.

Este curso vai dirixido a persoas que desexen mellorar tanto persoal como profesionalmente, persoas que axudan a outras persoas: consultores, psicólogos, terapeutas, docentes, persoal sanitario, e en xeral todo profesional que esté en contacto habitual coas persoas como base do seu  traballo; e empresarios, directivos, executivos ou calquer persoa que xestione equipos humáns e que desexe mellorar as súas competencias e habilidades.

            Trátase dunha acción formativa cun método didáctico eminentemente práctico, na que as explicacións do profesor serán acompañadas por exercicios prácticos.

A aplicación da Intelixencia Emocional e o Coaching como ferramentas de coñecemento, desenvolvemento personal e xestión do talento, cun modelo de aprendizaxe transformacional e experiencial, dotará ó participante do curso dunha visión e coñecementos imprescindibles para  lograr un equipo de alto rendemento.