Mos regula as terrazas cunha Ordeanza que se levará a Pleno mañán

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Nela establécense as condicións que deben cumplir as terrazas dos establecementos hosteleiros do municipio

Dende o Concello de Mos informouse hoxe de que no Pleno ordinario do mes de agosto que se celebrará mañán ás 18.00 horas da tarde, levarase a aprobación inicial a Ordeanza municipal reguladora da instalación e utilización das terrazas na vía pública do municipio.

Dende a Alcaldía mosense, a rexedora local, Nidia Arévalo, informaba esta mañá de que se decidiu por en marcha esta ordenanza dado que a instalación de mesas e cadeiras na vía pública constitúe un uso común especial do dominio público e polo tanto debe estar suxeita a licenza, axustada á natureza de dito dominio, ós actos da súa afectación e apertura ó uso público e ós preceptos de carácter xeral. É dicir, que o espacio público para disfrute e tránsito dos usuarios da vía pública deberá ser compatible coa ocupación da mesma por parte dos titulares de establecementos de hostelería, e para a búsqueda dun equilibrio e unha distribución razoable e equitativa de dito dominio público entre ambas partes, ponse en marcha a aprobación desta Ordeanza.

Neste sentido a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro, responsable desta medida, aclarou que con dita Ordeanza “procúrase tamén adecuar a estética das instalacións hosteleiras ó contorno dos seus respectivos emprazamentos, co obxecto de dotar dun atractivo singular ó espazo urbán do noso municipio”, declarou Loureiro, quen engadiu ademais que “outro dos obxectivos da norma é a regulamentación do réxime xurídico ó que debe someterse o aproveitamento de terreos, tanto de dominio público coma privado, dentro do termo municipal de Mos, mediante a ocupación temporal con terrazas e instalacións análogas que constitúan complemento da actividade que desenvolven os establecementos de hostelería de carácter permanente”.

En canto ás instalacións autorizables en base a esta norma, aclarar que a efectos desta Ordeanza entenderase por terrazas as instalacións formadas por mesas, cadeiras, paraseis, toldos, xardineiras e outros elementos de mobiliario urbán móviles e desmontables, que desenvolvan a súa actividade de xeito accesorio a un establecemento principal de hostelería tal como bar, café-bar, cafetería, restaurante ou similares.

Por medio da Ordeanza de terrazas estableceranse certas condicións que deberán cumplir as mesmas tales coma non interromper o paso destinado a usos públicos coma xardíns, aparcadoiros, zonas peonís, carrís bici, vados, entradas domiciliarias, paradas de transporte público, ou aparatos de rexistro e control de tráfico; nas instalacións en bairarrúas, permitir o paso a pé dun ancho mínimo dun metro pola zona máis próxima ás edificacións, instalar a terraza nunha soa fileira de mesmas apegadas á liña de fachada do establecemento, sen superala en lonxitude e sen impedir a visión frontal dos escaparates ou rótulos Boutros locais comerciais; empregar mobiliario (mesas e cadeiras) sen ningún tipo de publicidade, acorde coas características urbanas da zona e de material de boa calidade e hixiénicos sen aristas nin saíntes; suxeitar os parasois cunha base de suficiente peso que non estea fixada ó pavimento con anclaxes, colocar os toldos e parasois a unha altura mínima de 2,20 metros para non molestar ós peóns e que o horario de peche das terrazas sexa en días laborables e festivos ás 00.00 horas, e en sábados e vísperas de festivos, ás 01.00 horas, agás durante o período comprendido entre o 1 de maio e o 31 de setembro, cando os establecementos poderán ampliar o seu horario de terraza a media hora máis.