Mos remite a Fomento un estudio de seguridade vial en Amieirolongo para que subsane deficiencias

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A zona é moi transitada por gran afluencia de peóns que non dispoñen das infraestruturas necesarias para camiñar seguros

 

A edil de Urbanismo do Concello de Mos, Julia Loureiro, informou esta mañá do acordo adoitado onte en Xunta Local de Goberno de remitir ó Misterio de Fomento un estudio técnico municipal sobre a seguridade vial peonil no barrio de Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda, elaborado a petición da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, visto o aumento do tránsito de peóns pola zona debido á recente apertura na mesma de dúas grandes superficies comerciais como son AKI e Mercadona, ademais de que xa era anteriormente un lugar moi transitado por viandantes, dado que por el transcorre un tramo do Camiño de Santiago Portugués ó seu paso polo Concello de Mos.

 

Trátase tamén dunha zona, a de Amieirolongo, con moito tráfico rodado debido a que nela conflúen varias entradas e saídas da autovía, o que incrementa a perigosidade para os camiñantes, tendo en conta ademáis que, a día de hoxe non existe habilitado ningún paso de peatóns nin sinalización específica que optimice a seguridade dos mesmos.

 

É por isto que na Xunta Local de Goberno de onte tomouse o acordo de remitir o informe técnico municipal a este respecto ó Ministerio de Fomento para que dende alí se tomen as medidas de prevención e mellora en materia de seguridade vial necesarias para a zona de Amieirolongo. Mediante a remisión deste estudio ínstase ó Ministerio a buscar as solucións pertinentes para subsanar o problema.

 

No informe técnico remitido á Fomento abórdase a situación en materia de seguridade vial dos itinerarios peonís situados no punto kilométrico 155+500 da estrada Nacional 550. En dito punto kilométrico o Ministerio de Fomento procedeu recentemente á construcción dunha rotonda que regula o tráfico de vehículos que proceden ou acceden dende a autovía A-52 á estrada N-550 que dificulta o tránsito de peóns ó presentar a zona insuficiencia de infraestruturas peonís no lugar e contorno próximo, tales coma tramos continuos e conectados entre sí de beirarrúas. E é que os tramos de beirarrúas que dende As Angustias e dende Amieirolongo discorren por ambas marxes da N-550 son desconexos ou descontinuos unha vez que chegan á mencionada rotonda e ás conexións da estrada N-550 coa autovía A-52, de maneira que non se garante o percorrido peonil, rematando na maioría dos casos en situacións de volta atrás ou de atravesamento moi perigoso a pé das saídas e entradas á autovía A-52.