Mos, sede do Grupo de Intervención Rápida de Emerxencias

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Este servizo cubre as 24 horas as localidades mosense, de Pazos e Soutomaior
 
A concelleira Julia Loureiro e a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informaron hoxe da instalación e inicio de actividade neste municipio dun Grupo de Intervención Rápida de Emerxencias que dá servizo ós Concellos de Mos, Soutomaior e Pazos de Borbén, quedando fóra do convenio o Concello de Redondela por non ser aprobada a proposta no Pleno da Corporación Municipal redondelana.
 
Este Grupo de Emerxencias, está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, segundo explicaba Loureiro esta mañá, e ten como base o Concello de Mos ó non poder ter sido ubicado en Redondela polo rechazo dos grupos da oposición PSOE, BNG e AER. O grupo está integrado por un dispositivo de 10 operarios que cubren o servizo as 24 horas do día, contando a maiores coa axuda e o apoio complementarios do operario municipal mosense encargado do Servizo Municipal de Emerxencias.
 
Os recursos cos que contan os 10 integrantes do Grupo son 3 camións propiedade do Concello de Mos, un coche aportado polo Concello de Soutomaior e diverso material necesario que lles é facilitado polo resto dos municipios beneficiados por este servizo.
 
Os tres alcaldes dos Concellos cubertos con este servizo 24 horas, Nidia Arévalo en Mos, Agustín Reguera en Soutomaior e Andrés Iglesias en Pazos de Borbén, manifestáronse xa moi satisfeitos pola efectividade deste Grupo, que en seis días de garda realizou un total de 24 intervencións. E é que estes 10 efectivos de Emerxencias asisten todo tipo de incidencias, dende accidentes de tráfico, ata incendios, animais soltos na calzada, atasco de tuberías, rotura de arquetas, etc.
 
Cifras
 
O Grupo de Intervención Rápida de Emerxencias instalado en Mos comenzou a súa actividade o día 1 do presente mes de outubro, adicando os tres primeiros días de traballo ó curso de formación. Tras a formación, xa levan un total de 6 días de garda cun gran número de actuacións, 24 concretamente tal e como antes se mencionou, das cales a maioría foron accidentes de tráfico.
 
Os datos concretos sobre as incidencias atendidas nos seis días de garda son as seguintes: 24 salidas en total das cales 9 foron accidentes de tráfico, 7 por animais soltos en viais, 5 servizos preventivos entre os que se atoparon o control de espectáculos pirotécnicos en festas, 2 para sinalizar averías de tráfico e un accidente laboral.