Mos traballa na terceira parte do Obradoiro de Emprego Alfacuca

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O proxecto lévase mañán a Xunta Local de Goberno antes de ser remitido á Xunta de Galicia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto anunciaron hoxe que o proxecto da terceira fase do Obradoiro de Emprego Alfacuca será levado a aprobación mañán á Xunta Local de Goberno para a continuación remitilo á Xunta de Galicia, quen deberá decidir a concesión da subvención necesaria para levalo a cabo.

O orzamento previsto dende a concellería de Formación e Emprego que dirixe Óscar Soto para o obradoiro Alfacuca III, ascende a preto de 425.000 euros. Esta terceira fase foi deseñada para formar a alumnos-traballadores nas especialidades de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, Agricultura ecolóxica, Instalación en montaxe de construccións de Madeira, e Promoción turística local e deseño de productos gráficos.

Soto explicou neste sentido que “elixíronse estas especialidades dacordo ás necesidades do proxecto de revalorización do espazo de Alfacuca e outros espazos naturais do municipio, como o parque do Campo da Feira, o Parque municipal de Sanguiñeda e o Multiusos”.

Á especilidade de instalación e montaxe de construcción de madeira sumáronse módulos formativos doutras especilidades, que complementan a formación e práctica profesional dos alumnos-traballadores, como: manexo de carretillas elevadoras, de modo que os poidan obter o carné de carretilleiro durante o propio obradoiro ou ó finalizar o mesmo, xa que se trata dunha ocupación actualmente demandada no mercado laboral.