Mostras de condolencia e solidariedade ás familias das vítimas do accidente ferroviario producido no noso termo municipal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Aprobadas por unanimidade a ratificación da urxencia e a declaración institucional dsc_0371levadas no orde do día da sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Mos celebrada hoxe e que deu comezo ás 21.00 horas.

 

  1. Declaración Institucional en nome do  Pleno e do pobo de Mos para manifestar as mostras de condolencia e solidariedade ás familias das vítimas do accidente ferroviario producido no noso termo municipal.

 

Con motivo do accidente ferroviario acontecido esta mañan o Concello de Mos en Pleno propón a adopción do seguinte acordo:

PRIMEIRO.- Formalizar esta declaración institucional de loito e a través da mesma mostrar,  en nome do Concello de Mos, as condolencias e o seu apoio  ás  familias das víctimas e feridos do accidente ferroviario que se produciu hoxe pola mañan na parroquia de Sanguiñeda.

 

SEGUNDO.- En nome da Corporación municipal e  do pobo de Mos, agradecer a magnífica e  solidaria actuación que tiveron dende as Forzas e Corpos de Seguridade do  Estado, a través da Garda Civil e  Policía Local do municipio e das localidades veciñas, así como os efectivos do 112 e 061. Ademais da veciñanza que participou  nas primeiras labores de asistencia.

 

TERCEIRO.- Declarar tres días  loito oficial desde hoxe día 9 ata as 24:00 horas do domingo día 11 del presente mes de setembro, durante os que as bandeiras de todos os edificios municipales ondearán a media asta.