“Mulleres en acción: Violencia zero”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A Artista Rosalía Fernández representou xunto con alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Mos a súa peza Bonus Track hoxe ás 12:30 horas dentro do programa “Mulleres en acción: Violencia zero” que promove a arte contemporánea como axente mobilizador de consciencias.

Neste caso tratouse dunha performance que aunou poesía, expresión corporal e material audiovisual, cun resultado que foi calificado do máis gratificante tanto pola propia artista como pola comunidade educativa e representantes municipais e da administración provincial.