Noite de Cans II no Pavillón Óscar Pereiro

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Obradoiros, pasarela e exhibición canina para donos e mascotas mosenses

A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza, dentro do Programa Noites Vivas, a actividade Noite de Cans II, que terá lugar o vindeiro venres, día 19 de outubro, entre as 21.30 horas e as 01.00 horas no Pavillón Óscar Pereiro.

A actividade iniciarase cuns talleres temáticos sobre as características dos animais, as enfermidades comúns e globoflexia animal, a continuación realizarase a pasarela de mascotas e o evento rematará cunha exhibición canina.

Segundo explicou Monzón, o que se pretende con esta iniciativa que xa cumple a súa segunda edición é “evitar actitudes e comportamentos irresponsables no coidado dos animais, os abandonos nos refuxios ou pola rúa, situacións de maltrato, e outras inxustizas contra os animais que habitan no noso entorno”.

Por outra banda, outro dos obxectivos é previr os accidentes e as enfermidades causadas polas mascotas, concienciando sobre a importancia do control sanitario dos animais de compañía, e sobre como minimizar as situacións potencialmente perigosas que poidan ocasionar accidentes, como mordeduras, etc.

Despois da boa acollida no mes de outubro do 2011, desta actividade dirixida as mascotas, dende a Concellería de Participación Cidadá promovese Noite de Cans II co fin de concienciar  da necesidade de desenvolver un bo trato cara a estes animais, promovendo a adopción responsable de mascotas, previndo  actitudes de pasividade fronte o maltrato animal e potenciar a sensibilidade cara o entorno natural, os seres vivos, e o mundo animal.

Dando ademais a oportunidade a que os amantes dos animais poidan amosarnos as súas mascotas, así como, dispoñer dunhas horas para intercambiar impresións, resolver dúbidas, e informarse.

Para esta actividade contarase coa colaboración das Clínicas Veterinarias ArsCanis e Val da Louriña, así como tamén co aficionado e competidor no mundo dos cans, Nacho Carballido, que serán os encargados de realizar as distintas actividades durante a noite do xoves.

 Ademais haberá agasallos para todos os participantes e premios á mellor raza pura, mestiza, e para a mascota mais hábil.