Nosa Terra de Pereiras organiza actividades de kayak e equitación para as vindeiras fins de semana

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os interesados poden inscribirse xa enviando un e-mail o chamando por teléfono

 

A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, co afán de promover as actividades deportivas e de ocio e tempo libre, fai dúas novas propostas para este verán. Trátase dun descenso en kayak e dunha ruta a cabalo.

 

O sábado 24 de agosto realizarase o descenso en kayak dende Caldelas a Tui e o sábado 31 de agosto a ruta a cabalo por Mougás, no municipio de Oia.

 

As dúas actividades son aptas para tódalas idades aínda que os menores de idade deben ir acompañados por un adulto.

 

Para os interesados en participar en calquera das dúas actividades, ou nas dúas, hai varias opcións de inscrición, ben enviando un correo electrónico ó enderezo avvnosaterra@yahoo.es, ou ben chamando ó teléfono 638 988 710.