Nosa Terra de Pereiras organiza un concerto do Grupo Alboroque

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase o vindeiro sábado a partir das 21:30 horas

 

A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras organiza un concerto do Grupo Alboroque que terá lugar o vindeiro sábado, día 20 de abril, no Centro Cultural Os Castros ás 21:30 horas. A entrada será libre e gratuita.

 

O Grupo Alboroque naceu da inquedanza musical dalgúns dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo (e-Trad) cunha particular formación de instrumentos acústicos galegos. Este novo grupo de música folk agasalla a quen o escoite cun singular repertorio que vai do estilo máis tradicional ao contemporáneo, de pezas musicais de aquí e acolá e mesmo de creacións propias.

 

Este grupo está formado por nove integrantes que tocan a arpa, a requinta, percusión, zanfonas e gaitas.