Nosa Terra de Pereiras organiza un total de 16 cursos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Aínda quedan prazas libres para os interesados en inscribirse

A Asociación Veciñal Nosa Terra de Pereiras informa de que a vindeira semana iniciará unha serie de cursos para os que aínda quedan prazas libres para as persoas que estean interesadas en realizalos.

Trátase de un total de 16 cursos entre os que se atopan: Ioga, Thai-Chi, Pilates, Aeróbic, Método Hipopresivo, Tenis, Bailes Latinos, Inglés para Adultos, Inglés para Nenos, Cociña, Coiro, Tapicería, Pintura, Pasamanería (con bordado en pedrería), Encaixe de Bolillos, e ‘Pérdelle o Medo ó Computador’ (informática básica).

Todos os cursos, agás os de Bolillos e Informática, son tres euros máis baratos para os socios da Asociación, respecto dos non socios. Os interesados en obter máis información sobre calquera destes cursos, ou inscribirse, poden chamar por teléfono ó número 638 988 710, ou escribir ó enderezo de correo electrónico avvnosaterra@yahoo.es.