Nosa Terra de Pereiras organiza unha andaina polos muíños

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o vindeiro mércores 1 de maio
A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras organiza unha andaina polos Muíños dp Tripes o vindeiro mércores 1 de maio. A saída coincide coa festa ‘Os nosos fariñeiros, burros e muíños’ durante a que se poderá ver funcionar os muíños e degustar papas de millo nun entorno de maxia.