Nosa Terra de Pereiras organiza unha festa de Fin de Ano

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Estará amenizada musicalmente polo DJ Juan Joomas

 

A asociación cultural mosense “Nosa Terra” de Pereiras informa de que celebrará no seu centro “Os Castros” unha Festa de Fin de Ano para todos os públicos con entrada libre e gratuita.

 

Contará coa animación musical do recoñecido DJ Juan Joomas, que aportará dende os temas máis actuais aos máis clásicos.

 

Para todos os presentes haberá bolsa de cotillón, sidra, e chocolate con churros de balde.

 

Celebrarase nun amplo salón decorado e iluminado para a ocasión, con mesas e cadeiras e pista de baile central; ademáis de contar co servizo dunha cafetería anexa.