Nova apertura no polígono da Veigadaña

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade


– Unha empresa máis elixe o parque empresarial mosense para asentar as súas instalacións
– Trátase de Reciclajes AVI S.L.U
Esta mañá celebrouse o acto de apertura das novas instalacións da empresa Reciclajes AVI S.L.U. no Parque Empresarial PEMOS Veigadaña ao que asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, e a edil mosense de Urbanismo, Julia Loureiro.
Por parte de Reciclajes AVI estiveron presentes practicamente todos os integrantes da directiva, encabezados por Ángel Vila (xerente). E doutra banda ao acto asistiron entre 250 e 300 persoas entre as cales atopábanse os xerentes de moitas das empresas ás que AVI lles presta servizo, e xerentes e representantes de grandes compañías do ámbito nacional da reciclaxe.
As novas instalacións no polígono da Veigadaña teñen unha superficie total de 8000 metros cadrados e unha superficie construída de 3500 metros cadrados.
O xerente de Reciclaxes AVI declarou sobre esta nova pranta que “o deseño está pensado para a nosa actividade, a xestión de residuos cunha construción dos espazos interiores sen columnas e unha altura de 12 metros, o que nos permite unha gran operatividade e liberdade de movementos nos nosos procesos de produción. No seu interior consta dunha zona destinada a oficinas e vestiarios, composta por 3 plantas. Todo iso equipado ao detalle co últimos equipo de seguridade contra-incendios”.
Vila explicou que “actualmente a nosa empresa esta composta por 23 persoas e dedicámonos á xestión de residuos non perigosos, como pode ser o cartón, plástico, madeira, vidro, … A xestión de residuos que desenvolvemos consiste en que prestamos un servizo a empresa que podemos chegar a todo o territorio autonómico, ás cales lles retiramos todos os residuos non perigoso dos seus procesos de fabricación ou propios de cada actividade. Estes residuos traémolos á nosa planta onde os clasificamos en materiais e calidades diferentes, e preparámolos para o seu posterior envío ás diferentes fábricas onde se reciclarán estes materiais para converterse en novas materias primas”.
A empresa naceu en 1997 coa idea de converterse nun dos máis relevantes almacéns de Galicia. Sobre este obxectivo o xerente informa de que “con esta idea estivemos traballando e a día de hoxe podemos dicir que conseguimos este obxectivo, incluso tendo xa un recoñecemento nacional e presenza internacional na venda dos materiais que producimos no noso proceso de clasificación. Unha vez chegados a esta obxectivo inicial, non queremos parar aquí e a día de hoxe continuamos esta dirección pero non só para crecer e seguir mellorando o noso traballo, senón que tamén queremos que co noso labor causar un impacto social positivo e queremos influír en crear un ambiente ambiental sustentable, por iso a día de hoxe traballamos esforzándonos por un ‘legado azul’”.