Nova Carpintería-ebanistería San Campio na Rúa Autovía 66

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Unha nova parella de emprendedores que teñen a valentía de emprender nestes complicados tempos de crise sanitaria. Son dous valentes veciños da parroquia de Pereiras, parella na vida persoal e profesional, Carlos González Rodríguez (Carlos San Campio) e Rosa María Rodríguez Rivero, que hoxe abriron as portas da nova Carpintería-ebanistería San Campio na Rúa Autovía 66, Tameiga.
Para felicitalos e desexarlles o mellor nesta nova etapa laboral que inician, desprazouse ata alí esta tarde a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Parabéns Rosa María e Carlos, que teñades moitos éxitos, moitos clientes e moito traballo. Sodes un exemplo de iniciativa e esforzo. SODES MOS, SOMOSMOS!