Nova furgoneta totalmente equipada para atestados para a Policía Local de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez, recepcionaron esta mañá a nova furgoneta totalmente equipada para atestados, que conta con subvención da Xunta de Galicia. A axuda autonómica concedida para a adquisición deste furgón de atestados ascende a case 32.000 euros, 31.832,52 para ser exactos.
É un vehículo ECO eléctrico que cubrirá as necesidades operativas e de autonomía da Policía, posto que debido á gran dispersión poboacional pode ter que realizar ao día máis de 400 quilómetros para atender as diferentes necesidades e denuncias veciñais. Polo que precisaban dun vehículo de baixo consumo.
O vehículo está dotado dunha oficina ambulante na cal poder redactar atestados sobre verteduras, distancias de malezas…. cun posto de oficina formado por un asento para o axente redactor do atestado cunha mesa, así como unha parte reservada para, ou ben o denunciante ou ben o denunciado, dependendo das peculiaridades de cada actuación. O posto do axente está provisionado cun equipo multitarea e unha impresora, así como dos habitáculos e espazos necesarios para poder levar os diferentes útiles, non só de oficina senón tamén todos os necesario para levar a cabo todo tipo de medicións e comprobacións.
Con esta nova incorporación ao seu parque móbil, xunto co novo vehículo Suv incorporado este verán á Policía Local, Mos conta cun parque móbil policial ampliado e reforzado que está dotado de 3 coches, 1 furgón de atestados e 1 motocicleta.