Novas medidas que afectan ao municipio mosense que entrarán en vigor na medianoite do xoves ao venres

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Concello de Mos informa das novas medidas que afectan ao municipio mosense que entrarán en vigor na medianoite do xoves ao venres.
En Mos deixa de haber peche perimetral e a mobilidade é libre excepto aos concellos que sí se atopen pechados perimetralmente.
Os concellos pechados perimetralmente nos que non se pode entrar son:
NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vigo, Pontevedra, A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Oia, Cuntis, O Rosal e Salvaterra do Miño.
NA PROVINCIA DE OURENSE Ourense, Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei e Xinzo de Limia.
NA PROVINCIA DA CORUÑA A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo e Val do Dubra.
NA PROVINCIA DE LUGO Lugo, Vilalba, Viveiro e Xove.