Novo curso “Actívate” no CDL de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Trátase da acción formativa de “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios”

 

Os concelleiros de Educación e Participación Cidadá, e de Formación e Emprego, Kely Monzón e Óscar Soto respectivamente, inauguraron o curso de “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios”, que deu comenzo onte no CDL, Centro de Desenvolvemento Local, mosense.

 

Este curso está encadrado dentro do programa “Actívate 2012”, da Deputación de Pontevedra e vai dirixido a xóvenes do Concello de Mos. O seu obxectivo principal é desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e o tempo libre, que sexan de interese xuvenil e que resposten ás demandas dos mozos de 16 a 35 anos.

 

Outro obxectivo é o de proporcionar ós estudantes do curso os coñecementos máis elementais para que poidan ofrecerlles unha axuda eficaz ás persoas que sufran unha situación de emerxencia, influídas sobre todo polos cambios físicos e psíquicos que se producen en idades avanzadas, ademais de valorar as necesidades especiais de atención e apoio integral nesa franxa de idade.

 

Tamén se contemplan como finalidades deste curso as de dotar ós participantes das capacidades de identificar e resolver situación de urxencia vital, aprender a previr accidentes, e aplicar os procedementos e técnicas máis axeitadas en autoprotección e soporte á asistencia sanitaria.

As clases deste curso impártense de luns a venres en horario de tarde, de 16.00 horas a 20.00 horas. A acción formativa rematará o vindeiro día 10 de xaneiro e os seus contidos englóbanse en tres liñas temáticas: pauta xeral de actuación ante unha situación de emerxencia, recoñecemento das situación de risco, protocolo e normas sobre cando intervir; e taller sobre habilidades sociais para a inserción laboral, técnicas de búsqueda de emprego, elaboración de currículo, orientación laboral, etc.