Novo obradoiro de oratoria para a mocidade no CDL de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os interesados en inscribirse neste curso xa poden facelo acudindo ó Rexistro do Concello

A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza un curso de Oratoria dirixido a mellorar as competencias formativas dirixidas á xuventude maior de 16 anos, empadroada en Mos. O curso, que se desenvolverá durante o vindeiro mes de marzo, terá un total de 10 horas de duración.

Sobre este obradoiro, Monzón, concelleira responsable do mesmo declarou que “a competencia para falar en público é probablemente unha das habilidades de comunicación menos adestrada e, sen embargo, moi necesaria para o desempeño de moitos traballos e ocupacións. Moitas son as situacións nas que ó longo das nosas vidas teremos que actuar en público: impartir unha clase; vender un produto, un servizo ou unha idea; defender unha tese doutoral; defender un tema nunhas oposicións; enfrontarse a unha entrevista laboral; dirixir un taller, seminario ou curso; pronunciar unha conferencia… Falar en público é unha das situacións máis frecuentemente temidas pola maioría da xente dado que a persoa convértese no centro de atención, debe demostrar unha serie de destrezas e se expón á crítica dos demais, polo que comportarse en público pode percibirse como unha situación ameazante que xera ansiedade e temor”, explicou a edil.

É por iso que con este taller preténdese facilitar as situacións que se plantexan ó ter que falar en público. Trátase dun taller práctico e participativo onde os/as alumnos/as poderán traballar e cubrir tódalas dudas referentes á práctica da oratoria.

O obxectivo do obradoiro é adestrar a técnica e o arte da oratoria desenvolvendo un procedemento para preparar unha intervención en público e practicando unha serie de habilidades e destrezas para reducir a ansiedade, motivar ó auditorio, pronunciar un discurso e exercer un impacto nas vidas de quen escoita. O taller levarase a cabo no Centro de Desenvolvemento Local de Mos.

O prazo de inscrición abriuse o pasado sábado, día 23 de febreiro, e rematará o vindeiro xoves 28. Os interesados en apuntarse deben cumplimentar a solicitude que se lles facilitará no Rexistro do Concello. A admisión, ata cubrir o número de prazas dispoñibles, mínimo 12 persoas e como máximo 20, será por rigorosa orde de inscrición. O día 1 de marzo publicarase o listado de admitidos e o prazo para realizar o ingreso do custo do curso será do 4 ao 8 de marzo.

 

A metodoloxía aplicada no obradoiro será unha combinación das técnicas teórica e práctica. As actividades realizarase os sábados 16 e 23 de marzo e o 6 de abril cunha duración de tres horas, de 10:30 horas a 13:30 horas.

O programa deste obradoiro consta de seis módulos que abordarán as seguintes áreas: identificar os medos ó falar en público (dúas horas de duración), breves apuntes sobre a comunicación (unha hora de duración), a comunicación non verbal (dúas horas de duración), a comunicación verbal (dúas horas de duración), a improvisación (unha hora de duración), e falando en público (dúas horas de duración).