Novo paso cara á regularización integral dos servizos no Polígono do Rebullón

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Concello elaborou un proxecto para dotar á zona de rede de abastecemento

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que dende o Concello continúase a traballar no plan de ordeamento e regularización das empresas que se atopan ubicadas no Polígono Industrial do Rebullón. Plan que desde administración local mosense se leva desenvolvendo xa dende fai uns anos ante a necesidades presentadas polas propias empresas, que debido a que se foron instalando de xeito disperso e sen un patrón ordeado de colocación, sufrían dificultades para poder acollerse ós servizos públicos municipais tales coma saneamento, abastecemento, recollida de lixo, etc.

 

Gracias a un convenio asinado o ano pasado co Concello de Vigo, os empresarios do Rebullón xa teñen desbloqueada a situación da rede de alcantarillado público e actualmente o Concello de Mos xa ten elaborado un proxecto de acometida da rede de abastecemento neste polígono, polo que os avances cara a regularización de servizos nesta zona vese que son notables. Ademais, segundo explicou Arévalo esta mañá “outro paso que beneficiará moito a ordenación do Polígono do Rebullón será a entrada en vigor do PXOM, que xa se atopa aprobado inicialmente e en proceso de estudio das alegacións presentadas durante o período de exposición pública”.

 

Ante as condicións de servizos deficientes neste polígono, o Concello de Mos iniciou fai uns anos, concretamente coa chegada ó goberno local da actual alcaldesa, este plan de regularización que incluiu tamén un control exhaustivo da recollida do lixo, xa que existía un problema de almacenamento de desperdicios que logrou ser erradicado gracias ó seguemento constante por parte da administración local e á sensibilidade e colaboración dos empresarios.

 

Por medio do convenio asinado en febreiro de 2012 entre os Concellos de Mos e Vigo, logrouse desbloquear a situación do saneamento na zona do Polígono do Rebullón podéndolle dar saída cara á Vigo ás súas augas residuais.

 

O último paso dado polo Concello de Mos, concretamente pola concellería de Saneamento e Abastecemento que dirixe o edil Camilo Augusto, en aras de mellorar os servizos no Polígono do Rebullón, foi elaborar e redactar un proxecto de abastecemento para dotar de traída de auga potable a tódalas empresas do polígono. Este estudio atópase xa rematado e agora se está a traballar na búsqueda de fórmulas para que o Concello poida acometer a obra necesaria plasmada no proxecto.

 

A rexedora local concluiu explicando que “a intención do Concello é de regularizar na súa totalidade os servizos do Polígono do Rebullón para que os empresarios nel instalados teñan cubertas as súas necesidades e manteñan a ubicación das súas empresas nun momento de crise económica onde o tecido empresarial é tan importante para as administracións locais e, sobre todo, para evitar o ascenso das taxas de desemprego entre a veciñanza do municipio”.