Novo reparto controlado de 2.000 mascarillas entre a poboación en tránsito cara ao seu posto de traballo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Mos realizaron hoxe de 06.30 horas a 09.30 horas un novo reparto controlado de 2.000 mascarillas entre a poboación en tránsito cara ao seu posto de traballo.

Fíxose, ao igual que os pasados días 13 e 14 de abril, nas entradas a centros onde se poden aglomerar un gran número de traballadores como a rotonda Puxeiros e a rotonda da saída da estrada N-550 que dá acceso ao Polígono Industrial de Veigadaña.