O agasallo de Nadal do Concello de Mos para a súa veciñanza é a saída dunha etapa de ‘La Vuelta Ciclista a España’

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

– A alcaldesa xunto a Óscar Pereiro anunciou o venres no acto de acendido a gran sorpresa
– Será o 3 de setembro e a organización de ‘La Vuelta’ xunto co Concello están a estudar cal será a mellor ubicación para a saída
– A de Mos trátase dunha das tan só 3 etapas que se farán en Galicia, e a única da provincia de Pontevedra

Esta é a gran sorpresa que o Concello ten preparada para o ano 2020. O ano 2020 será especial para o municipio mosense porque por primeira vez na historia, ‘La Vuelta Ciclista a España’ sairá desde Mos, na única etapa que haberá na provincia de Pontevedra e unha das 3 etapas que haberá en Galicia. Este é o gran agasallo de Nadal do Concello de Mos e da súa alcaldesa para todas e todos os mosenses.

A etapa con saída desde Mos será número 18 e terá lugar o xoves 3 de setembro ás 13.00 horas, e desde o Concello de Mos e a organización de ‘La Vuelta’ estase a estudar cal será a ubicación exacta desde onde se producirá a saída.