O Alto de San Cosme acolle un ano máis a Festa Popular do Polbo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase o vindeiro domingo, día 9 de xuño

 

O vindeiro domingo, día 9 de xuño, celebrarase no Alto de San Cosme, parroquia de Cela, a XI Festa Popular do Polbo.

 

Este evento gastronómico e cultural dará comezo a partir das 10.00 horas da mañá e contará coma pregoeiro da presente edición con Luis Caramés Rodríguez, director do Colexio de Atín, quen fará lectura do pregón ás 12.00 horas.

 

A última hora da mañá a III Concentración de Coches Clásicos fará o seu fin de ruta na Festa do Polbo no Alto de San Cosme. Ó longo da xornada festiva os presentes poderán contemplar e escoitar as actuacións do Grupo de Baile e Gaitas de Celado-Cela e do Grupo de Gaitas de Herville-Cela.