O alumnado de 4º de Primaria visita o Concello

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O alumnado do Colexio Pena de Francia visitou esta mañá o Concello e puido departir coa alcaldesa, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, e os concelleiros Alberto Méndez e Baldomero Lorenzo; ademais de coñecer de primeira man o labor diario que se realiza nos diferentes departamentos municipais.