O barrio mosense de Santa Marta benefíciase da acometida dun novo tramo de saneamento que dará servizo a máis de 100 novos usuarios

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A obra estase a levar a cabo no lugar de Pedrapinta e conta cun orzamento duns 40.000 euros

 

O concelleiro mosense de Saneameno e Abastecemento, Camilo Augusto, informou hoxe de que xa comezaron os traballos de ampliación da rede de saneamento no lugar de Pedrapinta, barrio de Santa Marta, parroquia de Mos. As obras, de ampliación das redes preexistentes, consisten na prolongación da instalación do alcantarillado e conexión á rede xeral; e están a ser realizadas mediante fondos propios do Concello de Mos que suporán unha inversión total aproximada de 40.000 euros.

 

Gracias a esta nova obra darase servizo de saneamento a unhas 30 vivendas e ós conseguintes máis de 100 novos usuarios, que serán conectados á rede pública de saneamento municipal. Ademais, o edil Camilo Augusto anunciou que “coa realización destes novos traballos conseguimos chegar en torno ó 90% da rede de alcantarillado acometida na parroquia de Mos”.

 

Así mesmo o representante municipal explicou que dende o departamento local de Saneamento e Abastecemento estase a traballar para poder acometer o saneamento do lugar de Campo do Monte, tamén no mesmo barrio mosense de Santa Marta, cunha inversión que superaría os 200.000 euros e mediante o que se instalaría un tramo de rede de alcantarillado cunha lonxitude duns 3 kilómetros.

 

Ademais, en breve iniciaranse tamén obras de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Petelos, concretamente en Porteliña, xunto ó Xulgado de Paz; e na parroquia de Cela, en Herville, onde se acometerá un novo tramo con conexión a Vigo.

 

Neste sentido, Augusto explicou que, “o Concello de Mos, -no seu afán de ampliación dun servizo tan básico como é o saneamento-, con medios propios e xunto con Augas de Galicia, está a redactar os proxectos de obra das zonas do municipio que presenten necesidade de acometer novos tramos de alcantarillado e así, unha vez feita a súa valoración, poder dispoñer de fondos para acometer os traballos o antes posible”.

 

Paso a paso o Concello de Mos vaise aproximando cada vez máis ó obxectivo final de chegar ó 100% do saneamento do termo municipal acometido, isto é, o saneamento integral da localidade mosense. Este é o compromiso do equipo de goberno e unha das máximas prioridades do mesmo na súa xestión diaria.