O CDL de Mos cumple un ano de Facebook

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A concellería de Formación e Emprego mosense introduce as redes sociais como ferramenta de búsqueda activa de emprego

 

Xustamente hoxe fai un ano da creación do perfil en Facebook do Centro de Desenvolvemento Local, CDL, de Mos; sede da concellería de Formación e Emprego mosense que dirixe o edil Óscar Soto.

 

Dende entón este departamento municipal fomenta o uso das redes sociais como ferramentas a ter moi en conta hoxe en día ó levar a cabo unha búsqueda proactiva de emprego. Sen ir máis lonxe, últimamente o CDL de Mos conta, ademais de co seu perfil de Facebook, cunha conta en Twitter, outra das redes sociais con maior número de usuarios hoxe en día.

 

Segundo explicaba hoxe o concelleiro Óscar Soto, “dende a área de Formación e Emprego non só nos adaptamos e explotamos as novas tecnoloxías, senón que en tan só un ano estamos a obter xa excelentes resultados do uso de redes sociais como Facebook”. E é que o número mínimo de visitas que ten unha entrada da páxina de Facebook do CDL nunca é inferior a 140, mentres que hai entradas que incluso superan os 1.000 visitantes. Ademais de veciños e veciñas de Mos, usuarios de toda a xeografía galega visitan este perfil de Facebook e tamén doutras comunidades autónomas do país coma Castela e León, Cataluña e Madrid. O dato máis impactante radica nos visitantes do estranxeiro, xa que son usuarios do Facebook do CDL cidadáns de países tan dispares coma Portugal, Suíza, Croacia, Andorra, Reino Unido, Estados Unidos, Argentina, Brasil, Honduras e República Dominicana.

 

Outro dato importante a ter en conta é o rápido incremento do número de amigos que este perfil experimenta a diario, rexistrándose cada día unha media de 3 ou 4 solicitudes de amizade aceptadas. Isto se debe, segundo argumenta Soto, a que “a sociedade en xeral é cada vez menos reacia e máis proclive a emprender procesos de búsqueda de emprego a través das redes sociais”. O edil considera  un gran acerto a idea de difundir por medio das redes sociais todas as iniciativas que se emprenden dende o Concello en materia de formación e emprego, “xa que son canles de difusión directas e rápidas, incluso inmediatas, co que se presta un servizo ó usuario moito más eficaz e efectivo”, declarou Óscar Soto.

 

Os interesados en seguir nas redes sociais ó departamento municipal mosense de Formación e Emprego poden facelo a través dos seguintes enlaces de Facebook e Twitter, respectivamente:

www.facebook.com/cdl.concellodemos

https://twitter.com/CDLMos