O CDL de Mos impartirá en setembro un curso de manipulador de alimentos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os interesados en realizalo poden inscribirse xa

Dende a concellería de Formación e Emprego do Concello de Mos que dirixe o edil Óscar Soto, informaron hoxe de que próximamente impartirase no Centro de Desenvolvemento Local, CDL, un curso de manipulador de alimentos.

A data de comenzo das clases será o vindeiro día 6 de setembro, e o horario do curso será matinal dende as 10.00 horas ata as 13.00 horas. Soto informaba esta mañá de que “esta acción formativa vai dirixida fundamentalmente a aquelas persoas que, pola súa actividade laboral, interveñan nalgunha das fases polas que pasa o alimento dende a súa recepción ata o servizo ó consumidor. Tales fases son as de preparación, fabricación, transformación, envasado, transporte, distribución, manipulación, venta, suministración e servizo.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en cursar dita acción formativa poden inscribirse dende xa nas oficinas do CDL do Concello de Mos. O custe de participación por persoa neste curso é de 20 euros.