O Club de Patinaxe Rosaleira presentou a nova tempada

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O seu primeiro campeonato será a principios de novembro

O Club Rosaleira Mos de patinaxe acaba de presentar o seu equipo e uniformes oficiais para a nova tempada 2012-2013. Durante o acto de presentación acompañou ós membros do club o concelleiro de Deportes mosense, Isidoro Táboas.

Os patinadores do club comenzarán xa en breve a competir, xa que os máis cativos do grupo asistirán durante a primeira semana do vindeiro mes de novembro a un campeonato provincial que se celebrará en Vigo.

O Club Rosaleira está integrado por 22 patinadores: 21 nenas e un neno. Dos 22 patinadores, 11 forman parte do grupo da categoría de Grupos Show, na que os integrantes teñen a partir de 12 anos de idade, e na que compite o único patinador de todo o club; e as outras 11 patinadoras forman parte dun grupo integrado polos competidores de 6 a 10 anos.

A adestradora dos 22 patinadores do Club Rosaleira é Tania Salgueiriño, quen tamén adestra ós nenos e nenas das Escolas de Patinaxe de Mos. A presidenta do club é Raquel Moreira Figueroa.

Os horarios de adestramento do Club Rosaleira Mos son os luns e os mércores de 19.30 horas a 21.30 horas no novo Pavillón de Castro-Mos, e os venres de 16.00 a 18.00 horas no Pavillón Óscar Pereiro.

 

Dende a directiva do club aproveitaron a presentación da nova tempada para informar de que se hai algún neno ou nena que desexe ser membro do Club Rosaleira, pode pasar a inscribirse. Para competir neste club é preciso contar cunha experiencia aproximada de dous anos na patinaxe.

Os interesados en inscribirse no club poden dirixirse á adestradora ou á presidenta do mesmo nos pavillóns Castro-Mos ou Óscar Pereiro durante os horarios de adestramento anteriormente citados.

 Éxitos

 O Club Rosaleira Mos participou fai uns meses no V Trofeo Brincadeira da Coruña celebrado no Polideportivo A Sardiñeira.

En dito campeonato provincial, o Club Rosaleira Mos erixiuse como gañador da categoría secundaria Grupos Show. Os nenos e nenas participantes nesta categoría teñen entre 12 e 15 años e compiten en grupos de 11 patinadores cada un.