O Club Natación Mos ofrece un mes gratis para os interesados en iniciarse neste deporte

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O obxectivo é continuar medrando e expandir a súa actividade

Dende o Club Natación Mos informan de que están a ofertar un mes gratuíto para que os nenos/as que estean interesados en iniciarse neste de porte e desexen probar poidan facelo.

O Club Natación Mos explica sobre esta iniciativa que “tivemos esta idea para tratar de ampliar o noso número de nadadores e seguir así medrando e poder expandir a nosa actividade”.

“Cremos que ofertar un mes gratuíto é o mellor xeito de que os rapaces poidan adestrar connosco, coñecer o funcionamento diario do club e animarse a formar parte del se realmente lles gusta”, conclúen dende o Club.