O Club Natación Mos representado por Juan Ferrón na Open International Series de Natación Paralímpica de Berlín

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A competición celebrarase do 6 ao 9 de xuño na capital alemana e Ferrón leva alí dende onte para someterse ás revisións pertinentes

O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, xa se atopa en Berlín para competir coa FEDC (Federación Española de Deportes para Cegos), sendo o único representante galego na mesma.

Entre os días 6 e 9 de xuño celébrase na capital alemana a Open International World Series de Natación Paralímpica á que Ferrón foi convocado pola FEDC para os 50 e 100 metros libres e os 50 e 100 metros bolboreta.

O nadador do Club Natación Mos viaxou xa onte ata Berlín para someterse a unha revisión que determine o seu encadre a nivel internacional.

O Concello de Mos súmase ás declaracións dedicadas a Ferrón polo seu club desexándolle que viva ao máximo esta gran experiencia así como moita sorte nesta competición na que lle auguran un gran papel.