O Concello aporta técnicos e Policía aos locais sociais das asociacións que dispoñen de cafetería para asesoralos na apertura de terrazas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

 

Esta mañá realizaron visita técnica ás 2 que abrían a porta ao público: Centro Dotacional de Torroso e A.V.V. Nosa Terra de Pereiras

 

 

O pasado mércores 13 de maio ás 18.00 horas celebrouse a reunión telemática co colectivo das asociacións culturais mosenses que teñen local social.

Sobre a mesma a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que “nela as agrupacións manifestáronlle ao Concello a súa total vontade de colaboración para manter a seguridade sanitaria ante o COVID-19 no municipio, algo que lles agradecemos enormemente e que nos fai sentir ao equipo de goberno local, se cabe, aínda máis orgullosos do noso tecido asociativo”.

Para elo tomouse a decisión consensuada de que, aínda que a lei llo permita, non abrirán os seus locais ata setembro e manteranos pechados ao público de momento.

Os que teñen cafetería no local a abrirán, só a terraza de momento, e mantendo o protocolo que marca a normativa actual vixente. Para asesorarlles sobre elo o Concello puxo á súa disposición á técnico municipal de Persoal, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais, Tatiana Iglesias, e á Policía Local encabezada polo Xefe da mesma, Gerardo Álvarez, que esta mesma mañá desprazáronse ata o dous centros que hoxe abrían as terrazas das súas cafetereías: o Centro Dotacional de Torroso e o local social da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras. Técnico e Policía asesoraron a ambos colectivos e supervisaron os diferentes espazos para garantir que cumpran todas as directrices.

Ademais desde o Concello de Mos quedouse á enteira disposición dos locais para prestarlle todo o asesoramento e axuda que precisen nas diferentes fases deste proceso de desescalada e para seguir a traballar da man, afrontando e superando esta nova realidade.

A seguinte cafetería que está previsto que abra a súa terraza ao público será a do Pazo de Mos. A apertura está programada, en principio, de cara a finais do presente mes de maio.

Na xuntanza do mércores abordáronse tamén as 3 peculiaridades deste colectivo que son a Escola de Música de Torroso por contar con 500 alumnos/as, o Pazo de Mos por ser lugar de paso do Camiño de Santiago e a A.VV. Celado de Cela. Con cada unha destas 3 entidades celebrarase outra reunión específica individual.

Para rematar, cada asociación plantexou as súas dúbidas e preguntas maioritariamente relativas ás actividades de teatro, ás xuntanzas de verán e aos cursos do Programa Municipal Tempo de Lecer (que desde o Concello se lles informou de que quedan suspendidos como mínimo ata o mes de setembro e para entón volverase a informar ao respecto).