O CONCELLO DE MOS , convocou hoxe as 12 da máña na praza do concello unha  concentración na que se gardou un minuto de silencio en repulsa do triple homicidio por violencia de xénero ocorrido Onte  en Valga

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidad, Actualidade

MANIFESTO CONCELLO

 

O Concello de Mos, en nome dos seus veciños e veciñas de Mos, desexa manifestar a súa firme repulsa e condena polo terrible asasinato   ,en Valga ,no día de onte,  de tres mulleres María Elena, Alba e Sandra, a mans do exmarido desta última. Como voceira desta institución, quero expresar tamén a nosa profunda dor, desolación e indignación por este triple asasinato machista , que nos sobrecolleu no día de onte, e desexo  trasladarlle o noso sincero pésame e apoio á familia de María Elena , Alba e Sandra e a toda a veciñanza dese concello.

A violencia machista golpéanos unha vez máis a toda a cidadanía galega,da forma máis brutal posible que é coa morte de tres mulleres; un feito que nos leva a indignación neste momento, pero como representantes políticos, temos a obriga de seguir no empeño de loitar contra esta lacra que atenta contra o dereito fundamental que  é a vida humana .

O Concello de Mos manifesta TOLERRANCIA CERO ante calquera comportamento machista e de ahí o noso interés prioritario en desenvolver  políticas activas de cara a prevención e erradicación da violencia de xénero no noso concello e o fomento da igualdade de cara a conseguir una sociedade na que os comportamentos machistas non teñan cabida e sexan totalmente REXEITADOS POR TODAS AS PERSOAS.

A día de hoxe son 5 mulleres as que tinxen de negro este 2019 en Galicia e dende o ano 2003 que se empezaron a rexistrar estos  asasinatos machistas, van 1016 mulleres en España. Desde aquí, desde o Concello de Mos insistimos no noso compromiso de traballar na erradicación desta violencia que non debe ter cabida na nosa sociedade e subscribimos neste manifesto o nosa implicación e traballo constante na defensa dunha sociedade xusta e igualitaria para homes e mulleres. Seguros de que todos os que estamos aquí hoxe, así como todos os veciños de Mos, se suman a este manifesto, pedimos agora gardar un minuto de silencio polas tres mulleres vítimas de violencia de xénero no día de onte en Valga, así c   omo por todas e cada unha das que teñen sido asasinadas.