O Concello de Mos e Afaga presentan unha andaina para coidadores e persoas con demencia

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta actividade enmárcase dentro do programa O Teu Xacobeo

 

  • Terá lugar o sábado, 15 de febreiro e haberá actividades para os coidadores e para as persoas con demencia

 

  • A andaina comeza as 10:00 h. no Concello de Porriño e remata as 13:00 h. no Pazo de Mos

 

(Mos, 13 de febreiro de 2020) A Alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, Juan Carlos Rodríguez, acompañados pola  concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, presentaron está mañá no Concello de Mos, a Andaina O Porriño-Mos, que terá lugar o sábado, día 15 de febreiro, e que se dirixe ós familiares coidadores e ás persoas con demencia.

Esta andaina enmárcase dentro do proxecto A Memoria no bo Camiño, cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa O Teu Xacobeo.

Nidia Arévalo sinalou que “É una sorte contar en Mos co apoio de asociación como Afaga na que as familias poidan atopar ese lugar de respiro que é tan importante, ademáis da axuda social, psicolóxica e emocional, tanto a eles como ó propio enfermo. É unha ledicia para nos acoller esta andaina que comeza en O Porriño e remata no Concello de Mos e percorrerá un anaco do Camiño de Santiago”.

Pola súa banda, Juan Carlos Rodríguez  agradeceu ó Concello de Mos a boa acollida que sempre ten coas actividades que fai Afaga e destacou que é un Concello solidario coas demencias. “Nosa intención con esta andaina es dar visibilidade ás familias e facer unha actividad para as personas con alzhéimer no Pazo de Mos, que amablemente nos ceden de forma gratuíta, e escollemos Mos polo apoio que sempre encontramos neste Concello desde fai moitos anos”

Trátase dunha xornada de lecer na que terá dúas actividades en paralelo. Por unha banda, unha andaina para coidadores percorrendo un anaco do CamiñoPortugués, entre O Porriño e Mos. E, doutra banda, para as persoas con demencia, realizarase un obradoiro de estimulación cognitiva e funcional no Pazo de Mos.

E, para rematar a xornada, haberá un aperitivo no Pazo de Mos.