O Concello de Mos, en nome dos seus veciños e veciñas, desexa manifestar a súa firme repulsa e condena por outro terrible asasinato machista dunha muller en Mallorca
MANIFESTO CONCELLO
O Concello de Mos, en nome dos seus veciños e veciñas, desexa manifestar a súa firme repulsa e condena por outro terrible asasinato machista dunha muller en Mallorca a mans do seu compañeiro. A conmoción por estos asasinatos non cesa, e aínda que nos queda lonxe na distancia , cada morte abre máis a ferida e a dor acumulada non cesa.
Como voceira desta institución, quero expresar tamén a nosa profunda dor, desolación e indignación por este novo asasinato machista , que nos volve a sobrecoller , e desexo trasladarlle o noso sincero pésame e apoio á familia desta vítima da barbarie machista.
A violencia machista golpéanos unha vez máis a toda a cidadanía, da forma máis brutal posible que é coa morte dunha persoa. Un muller que elixira o noso pais para vivir . Este asasinato nos leva a indignación neste momento, pero como representantes políticos, temos a obriga de seguir no empeño de loitar contra esta lacra que atenta contra o dereito fundamental que é a vida humana .
O Concello de Mos, manifesta TOLERRANCIA CERO ante calquera comportamento machista, e rexeita todo acto de violencia contra as mulleres, e de aí o noso interese prioritario en desenvolver políticas activas de cara a prevención e erradicación da violencia de xénero no noso concello, e o fomento da igualdade de cara a conseguir una sociedade na que os comportamentos machistas non teñan cabida e sexan totalmente REXEITADOS POR TODAS AS PERSOAS.
Con esta morte xa son 1018 mulleres asasinadas en España dende que se empezaron a rexistrar no ano 2003, isto ten que rematar.
Dende aquí, dende o Concello de Mos insistimos no noso compromiso de traballar na erradicación desta violencia que non debe ter cabida na nosa sociedade e subscribimos neste manifesto a nosa implicación e traballo constante na defensa dunha sociedade xusta e igualitaria para homes e mulleres. Seguros de que todas as persoas que estamos aquí hoxe, así como toda a veciñanza de Mos, se suman a este manifesto.
Pedimos agora gardar un minuto de silencio pola muller vítima de violencia de xénero no día de onte en Mallorca, así como por todas e cada unha das mulleres que teñen sido asasinadas.