O Concello de Mos estudia ampliar as prazas de aparcadoiro nas Angustias

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ademais daráselle continuidade ó Plan de Limpeza Viaria dos últimos tres meses gracias a unha subvención da consellería de Presidencia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Vías e Obras mosense, Alberto Méndez, e o secretario municipal visitaron esta mañá a zona das Angustias, na parroquia de Sanguiñeda, para comprobar o estado e a situación dun pequeno terreo de titularidade municipal, no que se está a estudiar a posibilidade de ubicar varias prazas de aparcadoiro.

Dito espazo poderíase destinar a habilitar entre 6 e 8 prazas de aparcadoiro para vehículos que facilitarían moito o día a día e lle aportarían gran comodidade ós usuarios dos diversos establecementos comerciais situados neste controrno, que se trata dunha zona moi concorrida por persoas que acuden diariamente a realizar a súa compra.

As posibilidades que se barallan como factibles dende a administración local para poder crear este novo espazo de aparcadoiro son por unha banda acotar un espazo en réxime de concesión administrativa con carácter aberto, ou ben, por outra banda, a construcción dun aparcadoiro público para que todas aquelas persoas que queiran realizar paradas esporádicas na zona para comprar, teñan facilidade de aparcamento.

De calquera dos xeitos, lograrase facilitar as xestións breves que os veciños precisan facer con frecuencia diaria na zona das Angustias.

Actualmente o secretario municipal está a estudiar cal é a fórmula máis óptima para levar a cabo este proxecto, de orzamento reducido pero de gran utilidade para os usuarios.

Ademais desta iniciativa, o traballo do Concello de Mos respecto da mellora dos viais que transitan polo termo municipal é constante e diversificado. Unha das grandes preocupacións do equipo de goberno local é o óptimo mantemento das mesmas sobre todo no que se refire a limpeza de maleza nas súas marxes.

Subvención

Neste sentido, a consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustixa concedeulle ó Concello de Mos unha subvención de 32.000 euros para continuar coa limpeza viaria do municipio e en concepto de ‘Actuación no ámbito municipal do Concello de Mos para evitar a degradación e o deterioro ambiental’ que contemplará a adecuación e mantemento de canalizacións, arcenes e marxes das vías públicas da localidade mosense.

Trátase dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental que ven a dar continuidade temporal ó Plan de Limpeza Viaria que fora iniciado polo Concello fai xa tres meses. O Fondo de Compensación Ambiental, destinado a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.

Os kilómetros totais aproximados que serán obxecto de limpeza viaria gracias a esta subvención son 471,39 kilómetros de limpeza mecánica, 36,54 kilómetros de limpeza manual, e 19,23 kilómetros de limpeza manual con canles de pluviais. Para elo farán falla un tractor con desbrozadora lateral, dúas desbrozadoras manuais, dous operarios manuais e un operario para o tractor.

O Plan de Limpeza Viaria de tres meses de duración previo á actuación que se levará a cabo gracias a esta subvención de 32.000 euros que acaba de conceder a consellería de Presidencia, iniciouse o pasado 11 de xuño e actuou nas dez parroquias mosenses.

Durante estes tres últimos meses a empresa encargada la limpeza nos viais municipais puxo á disposición do Concello de Mos dous operarios equipados con desbrozadoras manuais, e un operario que levou un tractor con desbrozadora lateral.

Ademais dos recursos aportados pola empresa, a maiores, e para optimizar a limpeza viaria, traballaron tamén neste servizo un tractor propiedade do Concello que foi manipulado por un operario municipal, e outros dous operarios municipais que se adicaron ó desbroce manual.