O Concello de Mos informa dun corte de tráfico na saída de Pousada da A-55

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O corte, debido a unhas obras do Ministerio de Fomento na zona, non alterará as paradas de transporte escolar e de viaxeiros ubicadas en Pousada, parroquia de Tameiga

 

O Concello de Mos informa de que, debido a unha obra nas tuberías de paso de augas pluviais que está a acometer o Ministerio de Fomento na saída de Pousada,           -parroquia de Tameiga-, da autovía A-55 Vigo-Porriño en dirección Vigo, foi necesario cortar o paso de vehículos na estrada pola que transcorre dita saída.

 

Dende a administración local explicaron hoxe que en principio, como se trataba dunha obra menor, dende Fomento non tiñan previsto que se alterase o tráfico durante a acometida da mesma, sen embargo, unha vez iniciada a realización dos traballos, os operarios atopáronse cun problema maior que os obrigou a abrir unha gran zanxa no asfalto que implicou o conseguinte corte do tráfico no vial.

 

Esta obra terá unha duración de aproximadamente cinco días, prevéndose que esta mesma semana quede solucionado o problema. Esta información foi facilitada por representantes do goberno local que acudiron esta mañá a visitar dita obra e, asimesmo, puxéronse en contacto cos responsables da mesma no Ministerio de Fomento, quenes se comprometeron co Concello de Mos a tela rematada esta mesma semana.

 

Dende o Concello quérese informar ademais de que tamén se puxeron en contacto coas empresas de transporte público de viaxeiros que pasan pola zona afectada e que teñen parada na mesma saída de Pousada, e de que xa se buscou unha solución provisional para que dita parada se siga mantendo a pesar das obras que continuarán ó longo desta semana. E é que ademais das liñas de transporte de viaxeiros, en Pousada ubícase tamén unha parada de transporte escolar e, na mesma zona pero un pouco máis adiante, unha segunda parada tamén de bus escolar; para ambas paradas, como é obvio, xa se adoitou tamén unha solución para estes días durante os que este entorno permanecerá en obras.