“O Concello de Mos informa” sobre a desescalada:

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Aínda que non é competencia municipal, sabemos e entendemos que a administración local é o organismo máis próximo á cidadanía e o primeiro ao que esta acode cando ten dúbidas.

Por iso periódicamente iremos dando conta a través desta páxina das distintas fases da desescalada.

Intentaremos aportar a infomación o máis útil posible, aínda que os datos que nos chegan ao Concello desde o Goberno Central, ao igual que ao resto da poboación, non son todo o claros que quixeramos. Nalgúns casos incluso contradictorios. É por elo que os técnicos municipais atópanse estudando constantemente todos os anuncios oficiais estatais que van saíndo e dándolles a interpretación oportuna.

É por elo que para ampliar á información á cidadanía mosense e/ou, tentar de aclararlle as posibles dúbidas que poidan surxirlle ao respecto, este Concello está ao servizo da veciñanza nos teléfonos da centraliña, alcaldía e Policía Local de Mos, ademais de nesta mesma páxina de Facebook.

Estamos a facer un gran esforzo neste senso porque entendemos o complicado desta situación para a cidadanía. O máis complicado e o que máis dúbidas suscitará serán os cambios de fase, onde seremos todo o explícitos que nos permita a información da que dispoñamos e faremos as publicacións que sexan necesarias para contribuír á tranquilidade da veciñanza.

Por último aclarar que, ante as diversas chamadas recibidas preguntando pola reapertura dos cemiterios, informamos de que tanto cemiterios como edificios, locais e dependencias municipais permanecerán pechados polo menos ata o 11 de maio. Faremos unha publicación específica anunciando cando se abren e en que condicións.