O Concello de Mos organiza as primeiras Xornadas Saudables

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Dende a concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organízase a través do programa Noites Vivas a primeira edición de “Xornadas Saudables”, unha proposta alternativa para abordar e potenciar dende o ocio uns hábitos saudables como a actividade física diaria, o deporte, o abandono dos hábitos nocivos e o fomento dunha boa nutrición nos máis xoves.

Para estas Xornadas teremos o pracer de contar con dúas exhibicións. O primeiro día será a exhibición de Capoeira coa colaboración do profesor de Capoeira Manuel Baptista Martins e o Mestre Afanio Gouveia Silveira. Seguido por unha xincana deportiva, na cal se practicaran diversidade de xogos e actividades deportivas.

O segundo día será a quenda da exhibición de Aikido, onde contaremos coa colaboración de Marcos Rodriguez Ledo, xunto co seu equipo. Marcos é un profesional de Aikido con moitos anos de experiencia e mestre na actualidade no “Centro deportivo y de salud”. Esta exhibición irá seguida dun pequeno rastrexo, onde o primeiro grupo en finalizar recibirá un agasallo. Para participar nesta actividade é necesario o uso de lanterna.

Haberá un posto informativo durante os dous días no cal se ofrecerá asesoramento sobre nutrición, hábitos saudables e actividades deportivas. Todas aquelas persoas que acudan a solicitar información participarán nun sorteo que ditará ó/á  gañador/a no peche das xornadas.

Ademais teremos o pracer de contar coa colaboración como presentadora de Erea Castro, cantante finalista no programa “Recanteiros” no ano 2011, natural de Salvaterra de Miño.

Esta actividade levarase a cabo no Parque de Sanguiñeda (ó lado da discoteca Queen), os días 4 e 5 de outubro, dende as 19:00 ata as 21:00 horas aproximadamente.

Será necesario para ambos días o uso de roupa cómoda.

+ info: 986339404 ou omix@concellomos.es