O Concello de Mos organiza unha excursión ó Parque Acuático de Amarante

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Hoxe abriuse o prazo de inscrición

Un ano máis, e tras o éxito de afluencia de anteriores edicións, o Concello de Mos organiza unha excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal), que se realizará o vindeiro 14 de setembro.

O prazo de inscrición nesta actividade abriuse hoxe mércores 14 de agosto e rematará o 3 de setembro. O prezo da viaxe será de 10 euros para nenos de 5 a 11 anos de idade e adultos maiores de 65, e de 25 euros para o resto de persoas de 12 a 65 anos. O menores de 5 anos non terán que pagar e poderán acudir de balde.

As inscricións pódense facer no Rexistro Xeral do Concello de Mos ou nas oficinas da OMIX, no edificio Multiusos das Pozas, en horario de 09.00 horas a 14.00 horas; e os interesados en obter máis información sobre esta excursión poden chamar ó número de teléfono da OMIX 986 33 94 04 ou escribir a omix@concellomos.es .

O xantar do día 14 de setembro será por conta de cada participante.