O Concello segue a optimizar a zona das Pozas, agora instalarase un novo parque infantil inspirado na reciclaxe

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A actuación será posible grazas a un convenio coa consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Grazas a un convenio coa consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o Concello de Mos continúa a optimizar o contorno do edificio Multiusos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos; nesta ocasión coa creación dun novo parque infantil ambientado na reciclaxe que permitirá recuperar ambientalmente o espazo no que se proxecta ubicalo.

Tras a instalación da pista de skate, o parque contiguo á mesma, a humanización do vial que une a Capela de San Amaro co Multiusos e a decoración dunha das paredes do edificio cun gran graffiti que pretende ser motivador para a mocidade mosense; a administración local acometerá agora un novo parque infantil nesta zona que en cuestión de meses experimentou unha transformación en positivo moi notable.

A ubicación escollida para a creación deste novo parque infantil é una parcela municipal situada ó norte do edificio Multiusos, situada á esquerda da vía de comunicación que une o edificio Multiusos co Pavillón Óscar Pereiro e a piscina municipais, así como tamén cos centros escolares CEIP de Petelos e Instituto.

As obras consistirán na adecuación do terreo para obter as sub-bases necesarias para garantir a estabilidade do firme. Para o cal é necesario o desbroce e nivelación da superficie afectada (9x20m), así como o aporte de xabre compactado. Posteriormente procederase á instalación dos elementos de xogo que comporán ó parque infantil, sendo o reto principal no deseño desta área a temática do reciclaxe, para dende o xogo inculcar os valores do reciclaxe. Ditos elementos serán un pórtico de columpio con asento plano e cuna, un pórtico de columpio cesta, un equipo combinado de dúas torres con tobogán simulando contedores do lixo, dous xogos de muelle e un carrusel.

Tamén se contemplou á hora de deseñar a área de xogos a inclusión de tódolos nenos/as, tendo en conta ás posible minusvalías que poidan sufrir, conseguindo deste xeito que tódolos cativos/as se integren totalmente no xogo e que poidan acceder facilmente ás instalacións (tanto os nenos/as como os pais ou acompañantes).

Os traballos completaranse co acondicionamento da superficie amortecedora de impactos coa instalación de céspede artificial en toda a superficie. E por último a instalación do cartel informativo e dun valo de madeira tratada en todo o perímetro.

O orzamento total requerido para a realización desta actuación ascende a 36.000 euros, IVE incluído.