Cultura e Turismo

Mos está enmarcado na comarca da Louriña; limita con Redondela e Pazos de Borbén ao norte, con Vigo ao oeste, o Porriño ao sur e con Ponteareas ao este. Cunha extensión de 52 km cadrados, ten 15.000 habitantes que se reparten polo este concello privilexiado situado no val da Louriña, xa que conta cos servizos que ofrecen as grandes cidades e coa tranquilidade que proporciona vivir afastado do estrés destas. O municipio esta composto por dez parroquias: Mos, Torroso, Tameiga, Cela, Dornelas, Petelos, Sanguiñeda, Pereiras, Guizán e Louredo.


Descargas Asociadas


    Seleccione categoría a buscar...