O CONSORCIO DE AUGAS DO LOURO ENTREGA OS PREMIOS AOS/AS GAÑADORES/AS DA V EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

23 de xuño de 2022.- A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”. No mesmo participaron escolares de 3º e 4º de primaria dos catro concellos consorciados.

O presidente do Consorcio de Augas do Louro e alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, a alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Tui, Ana María Núñez, fixeron entrega dos agasallos aos/as gañadores/as: unha tablet para os que se fixeron co primeiro posto en cada concello e un smartwatch para os segundos e terceiros.

Os premiados este ano foron:

SALCEDA DE CASELAS

  1. Martín Díaz – CEIP Altamira
  2. Juan Zamora – CEIP Altamira
  3. Bruno Rocha  – CEIP Altamira

O PORRIÑO

  1. Grecia Valentina Álvarez – CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
  2. Alma Fernández – CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
  3. Irene Fernández CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga

MOS

  1. Óscar Ucha – CEIP Atín Cela
  2. Juan José González – CEIP Atín Cela
  3. Isaac Nunes – CEIP Petelos

TUI

  1. Evelyn Montero – CEIP Nº 2
  2. Noa Fernández – CEIP Nº2
  3. Hugo Álvarez – CEIP Pazos de Reis

 

Os debuxos poden verse na páxina web do consorcio na dirección www.consorciodolouro.es