O CTM MOS aposta polo Tenis de Mesa

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Concello de Mos, apúntase ao Tenis de Mesa, coa posta en marcha do C. T. M Mos, este pasado domingo 24 de Novembro, no local ALWAYS TM Espazo de Tenis de Mesa en Sanguiñeda (Mos), coa Presentación do novo club de CTM Mos, co presidente Pablo Iglesias, acompañado polo adestrador Tomás Pereira, as xogadoras do equipo feminino (María, Marga, Alba, Iria e Sara) que disputarán a liga de 2ª División Nacional con 8 equipos máis da Comunidade Galega e os xogadores das categorías base do club (Clara, Nicolás, Hugo, Odei, Laura e Paula).

O xogador Pre-Benxamín Hugo Sobrino alumno do CEIP Petelos (2011), representou ao CTM Mos no Torneo Zonal Norte de Silleda o pasado 1 de Novembro, e debuta a nivel internacional, no Torneo de Vila Real (Portugal), o próximo 7 de decembro, acompañado polo Adestrador de Always TM (Samuel Pereiro).

O CTM Mos, asinou un convenio de colaboración co Espazo de Tenis de Mesa ALWAYS TM, para utilizar as súas instalacións, únicas en Galicia, para os seus adestramentos e disputar os seus partidos de Ligas Nacionais, ou Torneos de Promoción de Tenis de Mesa, entre os alumn@ s dos CEIP do Concello de Mos, a través das competicións escolares, ademais tamén figura como local social, e o mail do club, para poñerse en contacto ou aclarar calquera información é ctmmos19@gmail.com

Ademais do apartado feminino e masculino, o presidente Pablo Iglesias, asegura que tamén apostarán polo Tenis de Mesa adaptado, para dar cabida e integración a todo@ s, os amantes do Tenis de Mesa e a colaboración cos clubs veciños de Porriño, Gondomar, Tui, Tomiño, Pontevedra, Vigo e mesmo do Norte de Portugal.

Os responsables do Club de Tenis de Mesa MOS, tamén esperan contar co apoio do Concello de Mos, no convenio de colaboración con Always TM, (uso instalacións e apoio técnico), e o apartado económico para facer fronte á competición de ligas nacionais e torneos das súas xogadoras e xogadores, ademais de poder levar o nome de MOS, nas diferentes competicións de Tenis de Mesa.

O CTM Mos e Always TM, co apoio do Concello de Mos, fomenta o Tenis de Mesa, como deporte inclusivo, igualitario e de respecto, nos centros de ensino, dentro do ámbito escolar.

Torneo ANIVERSARIO ALWAYS TM

O Torneo ANIVERSARIO ALWAYS TM, de Tenis de Mesa, tamén foi presentado este DOMINGO, 24 de Novembro, no local ALWAYS TM en Sanguiñeda. O Torneo ANIVERSARIO ALWAYS TM, de Tenis de Mesa, comezará o Venres, 6 de Decembro co “Trofeo Enrique Fernández” na proba de Veteranos masculinos e femininos, o sábado, 7 de Decembro terá lugar as probas mixtas para as categorías basee desde Pre-benxamín ata Xuvenil e rematará o domingo, 8 de Decembro coas probas absoluta masculina e feminina e afeccionados.

Este Torneo Aniversario quere ser unha homenaxe aos comezos do Tenis de Mesa polo que se disputará con Pas de Cortiza, de fabricación propia de Always TM, en todas as probas.

O Trofeo Enrique Fernández, nesta edición será memorial polo falecemento o pasado 8 de novembro aos 82 anos desta gran persoa e amante do Tenis de Mesa, e un exemplo para todos.

As inscricións para o TORNEO ANIVERSARIO rematan o vindeiro domingo 1 de Decembro, poden participar xogadores federados, afeccionados e escolares, de todas as idades e condicións. Pódense realizar a Samuel Pereiro Costas, polo Tef. 667 91 07 75 ou por mail tenisdemesa@alwaystm.com , incluíndo datos completos e a proba que van participar. A cota de inscrición será de 5 € para as categorías base do día 7 e o resto absoluto, veteranos e afeccionados 10 €, a pagar o día da competición. A Normativa de Competición está na páxina web www.alwaystm.com