O Festival de Habaneras de ASOMAMOS cumple a súa quinta edición

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase o domingo 27 de xullo ás 19 horas no Multiusos

 

A Asociación de Maiores e Pensionistas de Mos, ASOMAMOS, organiza o seu V Festival de Habaneras, que se celebrará o vindeiro día 27 de xullo –domingo-, ás 19.00 horas no auditorio do centro Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos.

 

Ademais do Orfeón da anfitriona ASOMAMOS, participarán neste quinta edición do certame de habaneras a Coral Polifónica de Entenza, Salceda de Caselas, a Coral Polifónica Airiños de Campañó de Pontevedra, a Coral Polifónica Vagalume de Santa María de Oia, e a Banda de Gaitas da Asociación Cultural e Social de Herville.

 

A entrada é libre e de balde para tódolos públicos.