O Grupo de Baile e Música Nosa Terra de Pereiras participa nun festival folclórico internacional en Cantabria

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Actuou xunto con grupos de Cabezón de la Sal, localidade anfitriona, La Rioja, Venezuela e Rusia

O Grupo de Baile e Música Nosa Terra de Pereiras viaxou a Cabezón de la Sal, Cantabria, para participar nun festival folclórico internacional. Dito certame celebrouse os pasados días 13 e 14 de agosto.

O luns 13 de agosto, actuaron na localidade cántabra, ademais do mosense Grupo Nosa Terra, o Grupo Folclórico Nuestra Señora Virgen de la Antigua-La Rioja, o Grupo Folclórico Zazaribacoa de Venezuela, e o Grupo Folclórico Virgen del Campo de Cabezón de la Sal.

E o martes, día 14 de agosto, actuou novamente o Grupo de Baile e Música Nosa Terra de Pereiras-Mos, o Grupo Folclórico Nuestra Señora Virgen de la Antigua-La Rioja, o Grupo Folclórico Devchata Folk Ensemble de Rusia, e o Grupo Folclórico Virgen del Campo de Cabezón de la Sal.