O kickboxer mosense Juan Rivera, subcampión galego de k1

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O pasado sábado 18 de maio no frontón de Riazor (A Coruña) tivo lugar unha velada de kick boxing denominada “Kick on Fire” onde o púxil mosense Juan Rivera quedou segundo no Campionato Galego de k1.

O boxeador adestrado por Juan Alonso disputou o combate estelar da noite, estaba en xogo o cinturón de campeón galego, e aínda que o combate foi igualdo, non foi suficiente para acadar ese cinturón que finalmente quedou nas mans do púxil local Pelayo Ventoso.

O equipo mosense, no que adestra Rivera, é un dos poucos en Galicia que compite en varias modalidades: Kick Boxing, Full Contact, k1 e Muaythai, sendo o único club existente no Val Louriña de ditas modalidades.

Actualmente o club Kick Boxing Mos desenvolve a súa actividade no ximnasio Jovhen Sport de O Porriño.