O Multiusos de Mos acolle esta fin de semana dúas actividades dos programas Noites Vivas e Ocio en Familia

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebraranse o venres 22 de marzo ás 20.00 horas e o domingo 24 ás 18.00 horas

 

A concelleira de Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe da celebración durante a vindeira fin de semana no auditorio do Multiusos de dúas actividades incluídas nos programa Noites Vivas e Ocio en Familia.

 

O venres 22 de marzo en horario de 20.00 horas a 21.30 horas terá lugar o espectáculo incluído no programa Noites Vivas que consistirá en sendas actuacións de maxia e monógolo a cargo do Mago Berto e do monologuista, Julio Cela, respectivamente. A entrada será libre e gratuíta.

 

Por outra banda, a actividade de Ocio en Familia desta fin de semana leva por título A Pinga Mariña e celebrarase o domingo 24 de marzo ás 18.00 horas. Os destinatarios desta iniciativa son todas as familias do Concello de Mos con nenos e nenas comprendidos entre os 3 e 12 anos. Tratarase dunha actividade dinámica e participativa, na que todos os membros das familias serán protagonistas.

 

A Pinga Mariña consiste nun conto musicado sobre a chuvia, mediante o que os nenos e nenas entenderán mellor o ciclo da auga, mentres escoitan a historia de Mariña, unha simpática pingueira que tiña como única ilusión a de voar libre polo ceo. Este relato conta as aventuras da protagonista hasta que consegue alcanzar a súa ilusión.

 

A través de danzas e cancións dirixidas, as familias presentes pasarán un anaco entretido, facendo da diversión e a participación activa o obxectivo principal da actividade, sendo ao mesmo tempo unha actividade didáctica, onde os nenos aprenderán sen darse conta. A entrada tamén será libre e gratuíta.